O Concello de Barreiros e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo organizan un ciclo de teatro no municipio barreirense que inclúe catro representacións. Serán os días 12 e 18 de novembro e 10 e 16 de decembro.
O domingo 12 de novembro ás 19:00 horas actuará “Os pícaros de Lagoa”, de Alfoz, no centro sociocultural de San Cosme.
O sábado 18 de novembro ás 19:00h actuará o grupo “Lilá Teatro”, de Lugo, nos colexios vellos de San Miguel.
Para o domingo 10 de decembro ás 20:00 horas será a quenda de “Lume escénico”, de A Pontenova, no centro sociocultural de San Cosme.
E xa para rematar este circuíto de teatro afeccionado e profesional 2023, o sábado 16 de decembro ás 19:00 horas o grupo “Ardora”, de Cervo, actuará no centro sociocultural de Barreiros.