
A asociación Pasada das Cabras, de Burela, participará o 5 de novembro nunha ruta organizada pola A.C. Amigos do Patrimonio de Castroverde. Trátase dun percorrido de 10 quilómetros, de dificultade baixa. O prezo para os socios é de 15 euros e para os non socios de 20 euros (inclúe autobús + seguro). A comida será por libre, é de feira en Castroverde. Desde Pasada das Cabras sinalan que “os que queiran poden comer o pulpo, tamén hai restaurantes ou que cada un leve a súa comida”.
A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela. Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou nos teléfonos: 982 580 504 – 657 82 11 94 (con whatsapp) antes do vindeiro 2 de novembro.