O sábado 4 novembro haberá na Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto. Esta actividade está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova.
Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos Fornos, desde onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 2 de novembro.