Trátase de actividades para nenos e nenas nados entre 2011 e 2018
As escolas deportivas do Concello de Burela organizan neste curso escolar 2023/24 rutas en bicicleta, tenis e patinaxe lúdico para nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2018.
As rutas en bicicleta serán os luns e mércores de 15:30 a 17:00 horas, guiadas por un monitor para recorrer e coñecer o concello. O punto de partida será a praza do concello. As clases de tenis, os martes de 15:30 a 16:30 horas no pavillón dos Castros, onde tamén serán as clases de patinaxe lúdico os xoves de 15:30 a 17:30 horas.
“Tres actividades de deporte e lecer para fomentar os hábitos de vida saudables entre os nenos e nenas”, explica o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.
As cotas de inscrición son de 6 euros ao mes por actividade e as fichas de inscrición deben entregarse na Casa da Xuventude, en horario de 10:00 a 14:00 horas do luns 2 ao xoves 5 de outubro. Haberá un máximo de 15 prazas por actividade.