Aberto o prazo de inscrición para ser rei ou raíña do Entroido de Foz 2024, que se elixirá nun acto público o 14 de outubro.

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz abriron a inscrición para ser rei ou raíña do Entroido de Foz 2024, que se elixira nun acto público que terá lugar na Sala Bahía o día 14 de outubro deste ano, sábado.
 
“Tes máis de 18 anos e queres ser raíña ou rei do Entroido de Foz o próximo ano? Envía, antes do 15 de setembro, a onosofoz@gmail.com os teus datos persoais (nome e apelidos, DNI e data de nacemento) e dúas ou máis fotografías recentes”, explican os organizadores.