Ribadeo acollerá do 3 ao 7 de xullo un campus de fútbol do Real Oviedo no que participarán medio cento de nenos da contorna. O evento foi presentado esta mañá no Parque de San Francisco. Ao acto asistiron representantes do club asturiano, do Concello ribadense, así como do Ribadeo FC e da SD Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, dixo: “alégrome de que Ribadeo sexa a sede que o campus do Oviedo escolle para formar a moitos rapaces, para que os introduza no mundo do deporte. Creo que é algo moi positivo. Ribadeo é esa porta de entrada de moitas actividades que estamos ofertando e imos seguir facéndoo para que veciños e visitantes, todos disfrutemos do noso pobo, que todos amamos e respectamos, que é Ribadeo”.
O rexedor cre que “esta actividade, que empeza o día 3 e remata o 7, vai ser unha oportunidade para que moitos rapaces se introduzan no mundo do deporte e para que sigan tendo actividade tamén no verán. Polo tanto grazas ao Real Oviedo e tamén á SD Ribadeo por ese traballo que fai todos os días, por eses voluntarios que teñen e que pasan fins de semana traballando polos nosos rapaces; e tamén ao Ribadeo FC, por seguir apostando por Ribadeo e polo deporte ribadense”.
O presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto, sinalou: “como presidente de la SD quiero dar las gracias al Real Oviedo, al Concello y al FC por este campus. Somos un club con prácticamente 200 niños y para nosotros son muy importantes este tipo de campus formativos para que sigan aprendiendo y sobre todo disfrutando de su deporte, que es el fútbol. Creemos que la mayoría de los niños inscritos en el campus son de nuestro club y animamos a los que no lo hayan hecho todavía a que se anoten y que disfruten de este campus del Real Oviedo la semana que viene en el campo de Outeiro, en A Devesa”.
O presidente do Ribadeo FC, Pedro Posada, comentou que “este campus para Ribadeo supón primeiro unha experiencia pioneira porque polo menos desde que está esta directiva non fixemos ningunha. Sabemos que a SD si a fixo e xa ten experiencia nisto. Entón dende o Ribadeo FC esperemos adquirir certa experiencia, pero tamén supón unha promoción do deporte para os rapaces e ao mellor témolo como unha costume actual. Agradecer ao Concello e sobre todo ao Real Oviedo por prestarse a facer este campus, o cal esperemos que sexa un éxito. Temos de momento, segundo me din, sobre 50 rapaces e supón unha promoción para Ribadeo. Penso que son rapaces todos da contorna”.
E engadiu que “tamén é moi importante que está todo vencellado co 72º Trofeo Emma Cuervo, que se vai xogar no Pepe Barrera o día 2 de agosto. Xa imos quentando motores para promocionar tamén o Emma Cuervo”.
Pola súa banda, Quique Pérez Pimentel, coordinador dos campus externos do Real Oviedo indicou que “estamos con muchas ganas de empezar a trabajar aquí con los chicos de la zona, para que continúen con su formación y también seguir implantando un poco el oviedismo. Y con nuestra metodología, con técnicos de cantera del femenino y de escuela. Estamos ilusionados. El campus será la semana que viene, del 3 al 7 de julio, aquí, en Ribadeo, y después el día 7 van a tener la oportunidad de conocer el Carlos Tartiere, realizar la visita al museo y que puedan pisar el campo”.