A asociación cultural Festas do San Rosendo, de San Miguel de Reinante (Barreiros), organiza a segunda edición da Festa do Caldo para o día 28 de xaneiro, sábado, nos colexios vellos de San Miguel.
A organización anuncia que “haberá segunda edición da Festa do Caldo.
Tras dous anos de parón por mor das restricións sanitarias volvemos con moitas ganas a organizar a Festa do Caldo, que tan bo sabor de boca, en tódolos sentidos, nos deixou en xaneiro do 2020. Haberá moita comida, bebida e moito baile”.
O menú está composto por caldo, cocido, pan, auga e viño, con un pzo de 14 euros. A cea será a partir das 21:00 horas e o baile empezará ás 23:00 horas, co actuación de Verónica Cambón.
Os tickets para participar están á venda ata o 23 de xaneiro e o aforo é limitado.