Pinocús Teatro chega a Viveiro este sábado, 17 de decembro, ás 18:00 horas con Pinconús. Será no Pastor Díaz. Con entrada libre ata completar o aforo.
Sinopse: Un día calquera na estación de tren de Aquimesmo. Unha billeteira que ven e que vai. Un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo. As indecisións dun viaxeiro que non sabe moi ben a onde ir. As estratexias dunha viaxeira que quere ser a única que colla o tren. O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros. Todo isto para chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado Pínconús.