Teatro Infantil este sábado, 5 de novembro, coa obra Duncan de Palleiro con Lila Teatro. Será no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro a partires das sete da tarde e con entrada de balde.
A actividade enmárcase no Circuíto de Teatro Profesional da provincia de Lugo no Ciclo Miúdos Seráns. Breve sinopse da obra:
“Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio: a de Palleiro. Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras.
Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas, chamada Oubidos, da que se sente moi fachendoso.
Duncan ama profundamente aos nenos e ás nenas, e alí onde vai leva consigo unha gran sorpresa que non deixa a ninguén indiferente. Amizade, amor e liberdade son as palabra que máis lle gustan a Duncan de Palleiro”.
Organiza a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Área de Cultura. E colabora a Área de Cultura do Concello do Valadouro.