A Delegación de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Burela organiza a 7ª Festa da Castaña, que terá lugar na Praza da Mariña o 12 de novembro coa colaboración dos asadores da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, do BoasMigas, do Restaurante O Sargo, da A.C.M. Dámbara e da Acia Burela.
De 17:00 a 20:00 horas haberá un Obradoiro de Confección de Zonchos e Chapas. As inscricións poden facerse presencialmente na Oficina de Medio Ambiente sita na Antiga Praza de Abastos ou telefónicamente chamando ao 647 136673.
Ás 19:00 horas comezará o reparto de cornetes de castañas, bolos preñados e viño por 2'5 euros. Ás 19:30 horas o contacontos Anxo Moure representará o espectáculo "Un castiñeiro con botas. Unha árbore ven a vernos".
Ás 20:30 horas gozaremos de música tradicional a cargo da A.C.M. Dámbara e ás 21:00 horas será o sorteo dun vale de 25 euros no BoasMigas, dunha comida para 2 persoas no Restaurante O Sargo e de varios vales da ACIA Burela.