O vindeiro sábado, 22 de outubro, a partir das 19:30 horas arrinca o Entroido 2023 en Foz. Farao na carpa que estará no Campo da Cabana para elixir a quen será a nova raíña do Entroido 2023.
Haberá servizo de barra e unha pulpería con polbo, churrasco e xamón.
Desde a organización recomendan non esquecer os disfraces: “non te esquezas do teu disfraz e das ganas de pasalo ben. Desde a Asociación O Noso Foz e desde o Concello de Foz desexámoslle a mellor das sortes a todas as candidatas”.