Dentro da programación cultural do Concello de Alfoz, setembro é o Mes da Música e este sábado, día 17, poderase gozar da agrupación Sons de Celeiro ás 20:30 horas no Pavillón Municipal.
Sons de Celeiro está formada por unha vintena de voces mixtas, acompañadas de guitarra, teclados e harmónica, dirixidas por Daniel Fernández Caxete e Antón Docampo. Fados, boleros, habaneras, cancións de toda a vida e outras compostas por Daniel Fernández Caxete forman o repertorio desta agrupación musical da Mariña.