Viveiro acolle o 19 de agosto a representación da obra "Baile de los huesos", a cargo de Teatro Andanzas con entrada de balde.

Viveiro comezou xa a celebrar as súas Festas Patronais, que están a ofrecer numerosas actividades culturais de todo tipo. 

Unha delas será a representación por parte de Teatro Andanzas da obra “Baile de los huesos” de Elena Belmonte, unha comedia con toques dramáticos na cal catro personaxes teñen unha serie de conversacións coa morte. 

A representación será o 19 de agosto as 20.30 horas, no Teatro Pastor Díaz, con entrada gratuíta. As persoas interesadas en acudir poden reservar a entrada de luns a venres no teléfono 982560162, en horario de 09.00 a 14.00h, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es