A Asociación Cultural Fanto Fantini organiza a oitava edición do festival Osa do Mar, que terá lugar na Praza do Concello, en Burela, os días 2 e 3 de setembro.
Osa do Mar é un festival de música que ofrece un cartaz orixinal, mesturando diferentes estilos. Seguindo a súa liña, a maioría son grupos emerxentes, moitos deles galegos, como Grande Amore, TheRapantsou Berto, aos cales se unen grupos máis coñecidos como La LaLoveYou, Karavanaou Aiko el grupo. O festival tamén contará coas actuacións de Anabel Lee, Arde Bogotá, A Pedreira, Biela, Grande Osso, LeahWoods(rincón a pé de praia), Llegamos tarde (DJ set), Mariagrep, Niña Polaca e Zé pequeno.
A súa intención é recuperar o formato de anos anteriores ao Covid-19, ampliando o aforo e volvendo aos concertos gratuítos en diferentes ubicacións, facéndoo así máis accesible ao público.
As entradas están á venda en https://osadomar.com/