O Concello de Cervo comeza a desenvolver os seus programas de Noites Alternativas e Enredando no Verán con actividades durante os meses de xullo e agosto.
Nesta primeira semana de xullo haberá volei praia na praia do Trono, ás 20:00 horas, e o mércores 6, ás 12:30 horas, balonmán no polideportivo A Veiga. Os días 11, 12 e 13 haberá fútbol praia na praia do Torno, ás 20:00 horas, e o xoves 14 terá lugar unha ruta nocturna de sendeirismo, a partir das 20:00 horas. Ademais o luns 11, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura, desenvolverase un obradoiro de maxia; e o mércores 13, a partir das 12:30 horas, terá lugar unha ruta en kaiak dende o porto de San Ciprián. Os días 18, 19, 20, 21 haberá fútbol 3x3 na Praza dos Campos, ás 20:00 horas; o luns 18, ás 12:30 horas, na praia do Torno, haberá surf; e o mércores 20, ás 12:30 horas, balonmán no polideportivo A Veiga. O martes 26, ás 21:00 horas, haberá circo na Praza dos Campos; o mércores 27, ás 12:30 horas, no porto de San Ciprián instalaranse inchables acuáticos, e ás 21:00 horas, na Praza do Souto, terán lugar actividades de maxia; e o xoves 28, ás 21:00 horas, na Praza do Souto, haberá unha actuación musical.
No mes de agosto, o luns 1, ás 12:30 horas, na Praza dos Campos, haberá inchables, e ás 21:00 horas, na Praza do Souto, unha actuación musical. O martes 2, ás 21:00 horas, na Praza do Souto, celebrarase unha función teatral; o mércores 3, ás 12:30 horas, no polideportivo A Veiga, haberá balonmán e, ás 21:00 horas, en San Ciprián, unha actuación de maxia; e o xoves 4, ás 21:00 horas, na Praza do Souto, lásertag.
Os días 8, 9, 10 e 11, ás 20:00 horas, na Praza dos Campos, haberá basket 3x3. Ademais, o luns 8, ás 12:30 horas, na Casa da Cultura, celebrarase un obradoiro de chapas Maruxaina; e o mércores 10, ás 12:30 horas, sairán do porto de San Ciprián unha ruta en kaiak. O mércores 17, ás 12:30 horas, no polideportivo A Veiga haberá balonmán, e ás 21:00 horas, na Praza dos Campos, lásertag; e o xoves 18, ás 21:00 horas, na Praza do Souto, terá lugar unha actuación musical. Finalmente, o luns 22, ás 12:30 horas, na Casa do Mar desenvolverase un laboratorio de perfumes e, ás 21:00 horas, na Praza do Souto, unha función teatral. O martes 23, ás 21:00 horas, na Praza do Souto terá lugar unha actuación musical; o mércores 24, ás 12:30 horas, na zona da ría de San Ciprián, haberá paddle surf e, ás 21:00 horas, no porto de San Ciprián comezará unha ruta nocturna en kaiak; e o xoves 25, ás 21:00 horas, na Praza dos Campos celebrarase unha ginkana.
Para participar en cada unha destas actividades as persoas interesadas deberán anotarse media hora antes na propia ubicación. Pódese obter máis información no número de teléfono 691 656 600.
Ademais haberá ioga, os martes ás 12:00 horas, para as crianzas de 6 a 9 anos, e os xoves ás 12:00 horas, para as crianzas de 10 a 12 anos. Tamén están programadas clases de teatro, os luns ás 11:30 horas, para as crianzas de 6 a 9 anos e, os luns ás 12:30 horas, para as crianzas de 10 a 12 anos. Estas actividades desenvolveranse na Casa do Mar de San Ciprián