O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio de colaboración co presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeras, no Pazo de San Marcos polo cal a institución provincial achega 12.000€ á organización do Festival Bal y Gay deste ano, que se celebrará do 12 ao 24 de agosto en diferentes concellos da Mariña Lucense.
Tomé Roca puxo en valor a traxectoria e o traballo destafundación “para converter este festival nun referente que sitúa á Mariña e á provincia de Lugo nun lugardestacado do panorama nacional e internacional da música e da cultura”.O Presidente sinalou que“dende a Deputación compartimos plenamente a súa aposta por acercar a música clásica á xente a través deescenarios e lugares de alto interese patrimonial”. Engadiu que, polas súas características e itinerancia, “esta cita musical atrae un turismo integrado no modelo queimpulsamos dende a Deputación, de calidade, sostible, de experiencias, que pon en valor o noso patrimonio”.
O mandatario provincial subliñou“a labor divulgadora que leva a cabo a Fundación Bal yGay, que difunde o coñecemento da música e facilitan o seu desfrutepara todo tipo de públicos. O Festival Bal y Gay é proba de como a culturase pode levar a todos e convertela nun vehículo de valores”.
A novena edición deste evento, Música á beira do mar, contará cunha programación máis ampla de concertos, obradoiros e actividades para toda a familia que o ano pasado e percorrerá os concellos de Viveiro, Foz, Lourenzá, Cervo, Mondoñedo, Ribadeo, Barreiros e A Pontenova. Grazas á programación deseñada para este ano, o público que se achegue ata a Mariña poderá gozar de artistas de primeiro nivel en escenarios cun alto valor artístico.