A pintora madrileña Costafreda Ángeles, asentada desde o inicio da pandemia na parroquia viveirense de Galdo, exporá na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela as súas obras realizadas ca técnica xaponesa sumi-e nunha mostra chamada "Pinceladas de Primavera".
A exposición será inaugurada o vindeiro venres, 6 de maio, ás 19:30 horas e poderá ser visitada ata o 3 de xuño de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.