O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza unha conferencia e exposición documental sobre os matriarcados o vindeiro sábado, 7 de maio, no Salón-Teatro de Ribadeo ás 11 horas.
A relatora da conferencia será Anna Boyé, antropóloga e fotoxornalista que basea o seu traballo nas sociedades matriarcais da actualidade. A través das súas viaxes (Perú, China, Sumatra, México e Guinea Bissau) e investigacións, procura a posta en valor daquelas mulleres, capaces de levar a cabo a xestión de sociedades máis xustas e igualitarias. Así, expón o matriarcado, non como un antónimo de patriarcado, senon como unha forma de estruturación social que busca a igualdade entre a muller e o home.
A xornada estruturarase da seguinte forma:
- Relatorio sobre as sociedades matriarcais da man de Anna Boyé de 11:30 a 13:00.
- Exposición documental ás 16:30h.
O obxectivo do Observatorio con estas actividades será a exposición e o aprendizaxe dunha realidade cultural e social máis invisibilizada dentro da nosa sociedade, así como a posible apertura a debates que permitan entender os diversos puntos de vista das persoas participantes. Procuramos ademais, a difusión do evento e a participación de todas aquelas persoas interesadas, pois contamos cunha gran expoñente no que respecta ao estudo das sociedades matriarcais.