O Concello de A Pontenova organiza a XIII Concentración de Asociacións de Sendeirismo e Tempo Libre de Galicia e Asturias, que se celebrará o día 7 de maio.
O percorrido programado discorrerá pola ruta de As Reigadas de 8,1 quilómetros e unha dificultade media-alta. O opcional será pola ruta da Seimeira máis o último tramo da ruta de As Reigadas, de 8,6 quilómetros e unha dificultade media.
Ás 9:00 horas terá lugar a concentración dos participantes na Praza dos Fornos e ás 9:30h. será a saída dos autobuses cara ao comezo das rutas. Ás 14:35 horas rematará a andaina e celebrarase o xantar a base de bolos de liscos, bolos preñados, postre e bebidas, e ás 16:00 terá lugar o sorteo de varios agasallos entre os participantes.
As inscricións, totalmente gratuítas, poderanse facer ata o 4 de maio nos teléfonos 982 342 101 e 697 532 809 ou no e-mail turismo@concellodapontenova.org.