Seguindo ca serie de seminarios e cursos que se impartirán nos próximos meses na Aula CeMIT, do Concello de Ribadeo, o vindeiro venres, 1 de abril de 10:30 a 11:30 hora terá lugar outra charla na que se falará e introducirá a poboación sobre que é a administración electrónica.
Desde a Aula CeMIT explican que “hoxe en día e sobre todo no futuro, a administración electrónica será un punto clave nas nosas vidas na relación con calquera administración ou organismo. Falarase cun idioma fácil de asimilar e daranse as pautas para a súa correcta utilización”.
O prazo de inscrición comezará dende este venres, 25 de marzo, ata o 31 deste mes en horario de 09:00 a 14:00, nos teléfonos 982129 889 ou 982 120 732 e tamén no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal en calquera franxa horaria. As prazas son limitadas.