Esta semana, os días 10, 11 e 12 de marzo, celébrase nos comercios locais de Burela o ‘Choios Weekend’, no que se a clientela poderá atopar os mellores produtos e artigos da tempada a uns prezos irresistibles.
Esta nova iniciativa ten como principal obxectivo impulsar e dinamizar as compras nos establecementos de proximidade da vila coincidindo co fin de tempada e da época de rebaixas. Unha oportunidade única para mercar os produtos de todo tipo de gran calidade a bos prezos, grazas aos amplos descontos que durante estes catro días van ofertar as tendas que participan neste ‘Choios Weekend’.
Os 32 comercios participantes nesta campaña de grandes son: Alain Afflelou, Atmosfera Sport, Belle Epoque, Calzados Tomás, Caroa Moda, Celebra o teu día, Chamorro Hombre, Coco&Jatay, Don Zapato, El Bazar de Tere, El Mundo de Sofía, El y Ella Joven, Fragances&Colors, Hipertextil, Isabella, Jaime Santomé, Joyería Porto, Ktivos, La 5ª Catycris, Lanas Pacita, Mercería Ajuar, Mimimó, Mimitos, Misstic, Nora Complementos Moda, Rosa y Azul, Sadiya Moda y Complementos, Strass, Van Surf, Vodafone, Zalo Moda.