AciaFozCCA e a Aula da Uned de Foz ofertan un curso de iniciación a Microsoft Excel aplicado ao comercio, que será gratuíto para todos os asociados e asociados que elixan a modalidade presencial.
Serán 10 horas lectivas de formación, que se impartirán na Aula da Uned, de 20:30 a 22:00 horas os días 14, 17, 21 e 24 de febreiro.
Desde a Aula da Uned sinalan que “o uso de follas de cálculo é unha habilidade imprescindible na maioría das actividades laborais. O manexo básico deste tipo de ferramentas é practicamente unha esixencia no proceso de alfabetización dixital”.
Este curso pretende ensinar habilidades básicas, profundando nas funcionalidades das follas de cálculo, facendo fincapé en aspectos profesionais e complexos que lle permitan ao comerciante unha extracción máis áxil e refinada da información sustentada polos seus datos.
David Ainse García, formador ocupacional do INEM, será o encargado de impartir o devandito curso.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a asistir: “a formación é sempre moi importante, de aí que nos pareza interesante este curso da Aula da Uned de Foz, que está destinado ao comercio. AciaFozCCA vai costear a matrícula das asociadas e dos asociados que acudan de xeito presencial”.