O Concello de Cervo convoca o tradicional Certame de Postais de Nadal, dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, vén de convocar a XXII edición do concurso de postais de Nadal que está dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.

Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.

Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos. O prazo de recepción remata o 26 de novembro. E o fallo do xurado farase público 29 de novembro.

Caramés apuntou que entre as tres postais finalistas, o xurado elixirá unha que será a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello.