Contraproduccións presenta "Cigarreiras" o 13 de novembro en Viveiro.

Contraproduccións porá en escena a obra Cigarreiras, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro este sábado, 13 de novembro, ás 20:30 horas.

No centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo Bazán, Contraproduccións presenta unha relectura dunha das obras máis interesantes da autora, A Tribuna. A muller, o amor e os prexuízos de clase son os temas entorno aos que xira esta relectura facendo fincapé no ambiente e primeiras loitas femininas das traballadoras da fábrica de Tabacos da Coruña. Todo isto con un transfondo político onde se asiste ao ocaso dos Borbóns e á atribulada proclamación da I República.

Baixo a dirección de Cándido Pazó, o elenco artístico está composto por: Tamara Canosa, Susana Dans, Ledicia Sola, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Merce Castro.

A venda de entradas é no teléfono 982 560 162, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. Ademais tamén poderán retirarse na taquilla do teatro desde unha hora antes da función.