O Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 13 de outubro e desenvolverase ata decembro.
A concelleira de Deportes, Sonia Gavino, anuncia que “o 13 de outubro comezarán as actividades, que se van a impartir durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Serán totalmente gratuítas, farase en grupos reducidos (máximo 10 persoas) e con mascarilla obrigatoria”.
Os grupos e horarios serán os seguintes: en San Adriano os luns e os mércores de 16:30 a 17:30 horas; en Santo Tomé os mesmos días pero de 17:30 a 18:30 horas; e no pavillón de Vilanova de Lourenzá tamén será os luns e os mércores, pero haberá dous grupos, un de 18:30 a 19:30 e o outro de 19:30 a 20:30 horas.
A formación de grupos será por rigoroso orden de inscrición, que se fará no enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSej0Qt_JV9loGGU3oApGGEQwyz4oJTa...
O prazo para anotarse está aberto ata o 12 de outubro ou ata esgotarse as 10 prazas ofertadas por quenda e actividade. Para máis información os interesados poden contactar coa concelleira de Deportes, Sonia Gavino, no teléfono 664.462.196.
Esta actividade do Concello de Lourenzá está patrocinada pola Deputación de Lugo.