Este domingo, 19 de setembro, terá lugar unha xornada lúdico-deportiva para celebrar o Día da Bicicleta, unha actividade que serve para reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte saudable e sostible así como para fomentar o deporte en familia segundo salientan desde a concellería de deportes.
A saída da ruta, que está prevista para as 17:00 horas, terá lugar desde a pista deportiva situada na zona da praia de Altar, percorrerá a zona costeira do municipio ata completar unha distancia de 7km aproximadamente e será unha marcha neutralizada, NON competitiva. Trátase de pedalear todas e todos xuntos desfrutando da tarde.
Ao remate da ruta haberá xogos lúdicos e cada participante, co seu número de dorsal, entrará no sorteo dunha bicicleta e varios agasallos máis.
As inscricións deberán facerse preferiblemente a través do seguinte formulario: https://forms.gle/42N7rGgdojpXMP177
Tamén poderán facerse presencialmente no rexistro do Concello de luns a venres de 9:30 a 14:30 ou o propio día no lugar da saída (praia de Altar) desde ás 16:00h.
Desde o Concello insisten en que será obrigatorio o uso de casco e de mascarilla.