A axenda cultural de Ribadeo inclúe dúas actuacións musicais esta fin de semana.
O sábado, 17 de xullo, ás 21:00 horas no quiosco do parque, actuará Narci Rodríguez. Nesta ocasión en calidade de solista. O artista presentará un espectáculo que xunta nun mesmo concerto voces, beatbox e guitarras, enmarcadas en temas de música negra autorais e covers de grandes autores dos estilos de soul e rhythm blues. A actuación trasladarase ao Teatro en caso de mal tempo.
E o domingo, 18 de xullo, ás 20:30 horas na contorna da Casa do Concello, ofrecerá un concerto a Banda de Música de Chantada, dentro do ciclo O País das Bandas, da man da Xunta de Galicia e do Xacobeo 21-22.