A Oficina de Turismo de Ribadeo acolle desde o día 15 de xuño a exposición titulada O galeón de Ribadeo, unha vista ao século XVI.
A mostra, que permanecerá ata o 4 de xullo, poderá visitarse todos os días en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
A exposición recolle os restos do afundido Galeón Santiago de Galicia, un barco da Real Armada de Felipe II que pasa por ser o mellor conservado en augas territoriais españolas e un dos máis avanzados do século XVI en técnica construtiva. O barco afundiuse o 13 de novembro de 1597.