O Concello de Foz retomará o vindeiro sábado, día 6 de marzo, a súa programación cultural. A Sala Bahía acollerá ás 18.30 horas a representación teatral Aguratrat.
Dende o Concello explican que “é unha obra para toda a familia na que se conta unha bonita historia de amor e aventuras entre dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver, e a tartaruga desta última, Alfie. Baseada nun libro de Roald Dahl e levada a escena pola compañía Pérez&Fernández, buscará sacarnos un sorriso e enternecer os nosos corazóns”.
Para a realización desta actividade, seguindo o protocolo antiCOVID establecido, o aforo é limitado e haberá que reservar praza no teléfono 982.140.027, extensión 3. O custo das entradas é de 3 euros para os adultos e de 2 euros para os nenos.