Acisa e Gasóleos Abelleira poñen en marcha unha campaña de apoio aos negocios locais asociados. Trátase de 17.000 tarxetas cun desconto de 0,10 euros/litro de combustible que se poderán obter ao comprar e consumir nos comercios e na hostalería de Ribadeo.
Desde Acisa e Abelleira explican que “as 17.000 tarxetas estarán repartidas nos negocios asociados a Acisa e poderán facerse con elas as persoas que compren nos nosos comercios ou que consuman na nosa hostalería entre hoxe, 19 de decembro, e o vindeiro 28 de febreiro.O gasto deberá ser superior aos 10 euros e só se entregará unha tarxeta por cada compra dese importe”.
E subliñan que “as tarxetas son descontos de 0,10 euros por litro de combustible sen límite nos litros de reposición. E será de aplicación unicamente na estación de servizo que se atopa situada no polígono industrial. Este desconto non é compatible con outras promocións de Gasóleos Abelleira”.
Acisa anima “á veciñanza a apostar, coma sempre, polo comercio e pola hostalería locais e a aproveitar esta promoción que nos brinda un dos nosos asociados, Gasóleos Abelleira, porque ademais de apostar polo consumo local aforraremos cando vaiamos encher o depósito dos nosos coches, e iso é importante nos tempos que corren”.
E engaden que “o volume mínimo de movemento económico que imos xerar neste tempo será de máis de 170.000 euros, porque si nos apoiamos nos estudos que se publican nestas datas e que din que a media de gasto nas compras de Nadal será de 50 euros por persoa, estaríamos a falar dunha cantidade moi superior. O que facemos con esta iniciativa é reforzar a campaña de Nadal de Acisa, que vai repartir ademais 4.000 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados”.