Roi Casal presentará o seu espectáculo "As Músicas do Camiño" no auditorio municipal de Burela o 10 de outubro. A entrada será libre.

O artista galego Roi Casal presentará o seu espectáculo As Músicas do Camiño o vindeiro sábado, día 10, ás 21:00 horas no auditorio municipal de Burela. Este concerto está incluído na programación O Teu Xacobeo e a entrada será de balde.

Esta actuación está promovida pola comisión organizadora das festas patronais de Burela e conta coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia.

Será un espectáculo inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ambos países. 

O concerto desenrolarase aplicando as medidas sanitarias da normativa vixente que recolle o protocolo de prevención do covid-19 e o aforo estará limitado a 300 persoas. A entrada será libre.

Toñi Eijo, presidenta da comisións de festas, e José Díaz, concelleiro de Cultura, animan “a gozar desta actuación o vindeiro sábado en Burela. É tempo de volver pouco a pouco á nova normalidade e de seguir promovendo cultura segura”.