O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, que terá lugar do 22 ao 24 de xullo.
Establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos durante esas tres xornadas nas que exporán os seus artigos nas rúas da vila. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos a esta iniciativa.
O presidente de CCA/ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “pouco a pouco temos que ir recuperando as actividades na nosa vila, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade. De aí que a vindeira semana contaremos cunha nova edición do noso Comercio na Rúa, unha cita clásica dos veráns en Foz”.
Paleo engade que “será un bo momento para facerse con prendas e produtos de temporada a prezos moi interesantes. Convidamos á xente a pasear polas nosas rúas, a mercar no comercio local e a gozar das terrazas da nosa hostalería, respectando o distanciamento social e as medidas de hixiene”.
Colaboran con esta campaña, organizada polo CCA de Foz: o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.