O Concello de Alfoz decidiu cancelar o Mercado Medieval 2020, festa de recreación histórica prevista para o terceiro fin de semana do mes de xullo, co obxectivo de garantir o cumprimento dos protocolos de prevención de contaxio da Covid-19.
Nestes protocolos recoméndanse medidas de limitación de aforo e distanciamento social que nun evento das características do Mercado Medieval de Alfoz, cita na que se xuntan artesáns, gastronomía, representacións… e que achega a un gran número de persoas cada ano, fai difícil respectar o cumprimento de todas as recomendacións e garantir así a saúde pública de veciños e visitantes.
Dende as Concellerías de Cultura e Igualdade estase a traballar para reforzar a programación cultural a partir do mes de xullo e ofrecer actividades musicais, teatro, obradoiros… cumprindo as normas recomendadas de prevención contra a Covid-19.