Nordés Faladora organiza unha vídeo conferencia sobre Sobería alimentaria. Será o 16 de maio ás sete da tarde.

A Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés volve celebrar unha vídeo conferencia este sábado ,16 de maio, sobre Soberanía Alimentaria. A relatorio correrá a cargo da secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, baixo o título Soberanía alimentaria e posta en valor da agricultura local e dará comezo ás 19:00 horas.
 
A Soberanía Alimentaria é un concepto que abrangue tanto aos produtores como aos consumidores concienciados, ou por concienciar, nas vantaxes do consumo de produtos locais de calidade e pagados polo que valen, contribuíndo ao tempo a manter a vida e biodiversidade nas Terras da Faladora.
 
Pode seguirse o relatorio de Isabel Vilalba a través do Jitsi Meet, onde se pode interactuar directamente previa anotación en asociación.nordes@gmail.com ou cunha mensaxe en 620 417 848, e tamén na canle de Youtube de Nordés o mesmo sábado. O prazo de inscrición remata o venres, 15 de maio, ás 14:00 horas. Ese mesmo día os participantes recibirán un enlace para asistir á charla do sábado 16. Ademais o venres ás 19:00 horas farase unha proba de conexión para comprobar que todo funciona correctamente.