As actividades de Nadal da Área de Cultura da Deputación de Lugo chegarán a Foz, Cervo, Barreiros, Viveiro e Ribadeo.

A área de Cultura da Deputación achega, de forma gratuíta, unha programación con 30 actividades aos concellos da Provincia. Trátase de actividades de carácter lúdico dirixidas aos máis pequenos que se celebrarán desde o 14 de decembro ata o 5 de xaneiro.

A Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, explicou que “entre as actividades incluímos teatro, maxia, varias compañías de monicreques e visitas do Apalpador que de seguro farán as ledicias dos nenos e as nenas. É unha programación deseñada para aproveitar o tempo de lecer das crianzas e para inculcar valores, con espectáculos sobre igualdade ou manter unha figura do nadal galego como é o Apalpador, quen ademais transmite a importancia da conservación do Medio Ambiente”

Programación Nadal Cultural 

Sábado 14
Carballedo - Visita do Apalpador. Ás 18.00 no salón de actos do Concello
Foz - Igualdade onde estás? de Fani Triana. Ás 19.00 no Local Social de Cangas de Foz

Domingo 15
Friol - Visita da Apalpadora. Ás 17.30 na Fortaleza de San Paio de Narla

Luns 16
Sarria - Visita do Apalpador. Ás 10.00 no Colexio Frei Luís de Granada
O Incio - Visita do Apalpador. Ás 15.20 no Colexio Ricardo Gasset

Martes 17
Pedrafita - Visita do Apalpador. Ás 13.30 no Colexio Uxío Novoneyra
Cervantes - Visita do Apalpador. Ás 14.30 no CPI de Cervantes

Mércores 18
Rábade - Visita do Apalpador. Ás 17.30 no Centro Sociocultural

Venres 20
Cervo - Visita do Apalpador. Ás 17.00 no Pavillón de San Román de Vilaestrofe

Sábado 21
Xermade - 5 historias para unha man, monicreques con Mircromina. Ás 12.00 na Biblioteca
Meira - O Cachopo Máxico con Lîlâ Teatro. Ás 17.00 na Casa da Cultura
Castroverde- Visita do Apalpador. Ás 17.00 no Centro Social de San Cibrao, Montecubeiro

Domingo 22
Muras-5 historias para unha man, monicreques con Mircromina. Ás 17.00 na Casa do Médico

Luns 23
Barreiros-O agasallo de Anya, monicreques con Trécola. Ás 18.00 no Centro Sociocultural

Venres 27
Guitiriz-O Cachopo Máxico con Lîlâ Teatro. Ás 17.30 na Casa Habanera

Sábado 28
Cospeito - O Cachopo Máxico con Lîlâ Teatro. Ás 18.00 na Casa da Cultura de Muimenta
Palas de Rei - Belarmina, a flamante Velutina, monicreques con Titiriterra. Ás 17.30 na Casa da Cultura

Domingo 29
Carballedo - Maxia pola Igualdade con Fani Triana. Ás 17.30 na oficina de turismo de Castro
Begonte - Gyrovagus, monicreques con Mircromina. Ás 17.00 na Casa da Cultura

Luns 30
Barreiros- Visita do Apalpador. Ás 18.00 no Centro Sociocultural

Xoves 2
Chantada - O agasallo de Anya, monicreques con Trécola. Ás 18.00 no Auditorio Municipal
Taboada - Maxia pola Igualdade con Fani Triana. Ás 18.30 na Antiga Casa Cuartel
O Corgo- Visita do Apalpador. Ás 19.00 no Local Social de Ponte de Neira

Venres 3
Viveiro - O agasallo de Anya, monicreques con Trécola. Ás 18.00 no Teatro Pastor Díaz
Cospeito - Visita da Apalpadora. Ás 18.00 na Casa da Cultura de Muimenta
Antas de Ulla - Gyrovagus, monicreques con Mircromina. Ás 18.00 na Biblioteca

Sábado 4
A Pastoriza - O agasallo de Anya, monicreques con Trécola. Ás 16.00 no Concello
Ribadeo- O Cachopo Máxico con Lîlâ Teatro. Ás 17.30 no Teatro
A Pobra do Brollón - Igualdade onde estás? de Fani Triana. Ás 18.00 na Casa da Cultura
Bóveda - 5 historias para unha man, monicreques con Mircromina. ás 18.00 no Centro
Sociocultural

Corais
Durante estas datas tamén se organizan 22 actuacións de grupos corais polas rúas de Lugo, así como polas Igrexas Parroquiais do municipio. Comezarán o xoves 19 de decembro.

Rede Museística
A Rede museística tamén organiza tamén unha programación específica de Nadal, xirando en torno á sostenibilidade  e centrándose na colección propia de cada Museo. Son un total de 16 actividades dirixidas a públicos de todas as idades, que poden consultar na web da entidade. Para participar é necesario formalizar a inscrición no Museo onde se vaia realizar a actividade.