Este sábado, 14 de decembro, ás 18:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Lucecús presenta Os libros contratacan, dentro do programa Proscenio.
É unha historia sobre a loita entre o ben e o mal e como os libros e os que habitan neles debátense entre facer o ben ou pasarse ao lado escuro. Na biblioteca da Academia Jedi, un estudante queda pechado e esquecido pola noite. O que alí faga, rodeado de libros, marcará o seu destino para sempre. Xogos, falcatruadas, cancións e moito conto serán os seus compañeiros de viaxe. O protagonista, Anakin, grazas ao seu encerro e coa axuda dos libros e das leccións dos seus mestres Jedis, sempre baseadas en contos e lendas, tratará de buscar unha solución á súa situación.
A obra, de Anxo Manoel Lamelo Fernández, está dirixida e interpretada polo propio Anxo Manoel Lamelo e Isabel Herrero Díaz.