O xurado do III Certame de Teatro Concello de Lourenzá elixiu aos nominados para os premios, que serán entregados nunha gala o 14 de decembro.

O xurado do III Certame de Teatro Concello de Lourenzá, formado por Ana María Díaz Díaz, Miguel Gavín Sánchez, Javier Huertas Otero, María Cruz Valea López e presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, deu a coñecer as obras, actrices e actores que optan aos distintos premios que se concederán na gala que se celebrará o día 14 deste mes, sábado, ás 20 horas na carpa situada no Campo dos Bolos. Ao remate da gala o actor Sergio Pazos interpretará o monólogo Rebento se non o conto. A entrada é gratuíta.

Os elixidos son estes:

PREMIO CONDE SANTO Á MELLOR REPRESENTACIÓN:

          A última cea, de Fauna 113
          Fuga, de Gargallada Teatro
          A Lola, de Avelaíña Teatro

PREMIO LOURENZO AO MELLOR ACTOR:

          Xulio Leal, de Avelaíña Teatro
          Jorge Castro, de Touporroutou
          Lalo Santos, de Gargallada Teatro

PREMIO ANA Á MELLOR ACTRIZ:

          Paz Quiroga, de Touporroutou
          Iris Darriba, de Fauna 113
          Reyes Limia, de Gargallada Teatro

PREMIO Á MELLOR POSTA EN ESCENA:

          Comedia Bífida, de Touporroutou
          Un! Dous! Tres!, de Carauta Teatro
          A última cea, de Fauna 113

PREMIO AO MELLOR ACTOR DE REPARTO:

          Pablo Rodríguez, de Fauna 113
          Miguel Anxo Martín, de Avelaíña Teatro
          Manuel Caramés, de Gargallada Teatro

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ DE REPARTO:

          Paula Díaz, de Carauta Teatro
          Ana Casal, de Fauna 113
          Aurora Fernández, de Gargallada Teatro

PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO:

          Fuga, de Gargallada Teatro
          A estraña familia, de Martabelas Teatro
          Un! Dous! Tres!, de Carauta Teatro

Ademais o xurado decidiu establecer un Premio especial á orixinalidade do atrezzo e vestiario, que se coñecerá o día da gala.