
Este sábado, 30 de novembro, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, Baobab Teatro presenta Mai Mai. A función, dirixida a nen@s a partir de 5 anos, dará comezo ás 18:00 horas.
Mai Mai é a historia do ultimo oso panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global. Unha muller, emprendedora e moi revolucionaria, e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último oso panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas para sobrevivir. Unha historia que plasma o empoderamento da muller e fai meditar sobre o que estamos a facer co noso planeta.
Tamén no Teatro Pastor Díaz o domingo, 1 de decembro, ás 19:00 horas, actuará o monologuista Miguel Lago. Neste espectáculo presenta as súas mellores bromas e estreará algunhas das novas que incluirá en Todo al negro, a montaxe que prepara para 2020.