Culturactiva SCG presenta a comedia Senior este sábado, 16 de novembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
A obra está dirixida por Avelino González e protagonizada por Luis Iglesia e Marcos Orsi. Trátase dunha reflexión, en clave de humor, sobre a crise dos 50 que nos permite rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que seguramente moit@s de nós chegamos a vivir, e de escenas que só se poden gozar e padecer a partir dos 50.
O domingo, 17 de novembro, ás 20:00 horas tamén no Teatro Pastor Díaz, Contraproduccións presenta Os fillos do sol.
Está dirixida por Cándido Pazó e protagonizada por César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez. É unha elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas. A cabalo entre a realidade ficcionada e a creación dramática. Don Eduardo, xa octoxenario e comido pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores unha personaxe nacida da súa perturbación, Eduardo, el mesmo cando comezaba de mozo a súa carreira literaria. Como contrapunto, á vida real e diaria, está Rosa, a xove criada da pensión na que se está albergado.