Mircromina Títeres representa este sábado, 19 de marzo, en Burela "Vacacións no mar", un espectáculo para disfrutar en familia.

Mircromina Títeres representa este sábado, 19 de marzo, en Burela "Vacacións no mar", un espectáculo para disfrutar en familia.
 
A Delegación Municipal de Cultura, dentro da súa programación cultural para este trimestre, presenta a Mircromina Títeres coa obra “Vacacións no mar”. A representación conta co patrocinio da Concellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Rede de Teatros a Auditorios de Galicia e da  propia AGADIC.
 
O acto terá lugar ás 17:30 horas do sábado, 19 de marzo, na Casa da Cultura de Burela, e a entrada será de 2,5 euros. A actividade está destinada para todos os públicos.
“Vacacións no mar” é un espectáculo cheo de acción, emoción e interacción co público, ideal para disfrutar en familia.
 
A Mariña encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro...pero nun  descoido o pirata Ollo Virollo róuballe o barco e faise á mar. Tras 45 minutos de acontecementos, cumprirá Mariña o seu soño de viaxar polo mundo adiante?...