Peregrinación

08/05/2015
O Concello barreirense organiza unha peregrinación por etapas a Santiago, a través do Camiño Norte. A primeira será este sábado, 9 de maio.
 
O Concello organiza unha peregrinación por etapas a Santiago de Compostela, a través do Camiño Norte. A primeira etapa terá lugar mañá, 9 de maio, e discorrerá entre Sn Xusto e Mondoñedo. 
Segundo explica o concelleiro José Manuel Gómez Puente “faremos esta peregrinación a Compostela en nove etapas duns 20 quilómetros cada unha. Será os sábados. Desprazarémonos en autocar ata o punto de saída da etapa, camiñaremos e volveremos coller o autobús para retornar a Barreiros”.
As persoas interesadas en participar na peregrinación pagarán 50 euros e recibirán coma agasallo unha camiseta, unha sudadeira e unha gorra.