Espectáculo
10/05/2017
O ilusionista Martín Camiña chegará a Barreiros con A maxia de Carlos Casares. A representación terá lugar este domingo a partir das 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O mago Martín Camiña ten recibido diversos premios entre os que se atopan o Nacional de Maxia e o da Asociación Portuguesa de Ilusionismo. Nesta ocasión dedica o seu espectáculo a Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
A actividade inclúese no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, coa que colabora o Concello de Barreiros a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.
07/07/2016
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, presentaron o programa cultural Vive o Camiño, que se inicia mañá en Ribadeo e se celebrará durante os próximos catro días tamén en Lourenzá, Barreiros e Mondoñedo.
Esta programación ven a complementar a de Cultura no Camiño, que xa se ven desenvolvendo na comarca e que precisamente hoxe recala tamén en Ribadeo. En total, a Xunta programa 19 espectáculos nos concellos mariñáns da ruta do Norte.
A delegada territorial, Raquel Arias, fixo fincapé no esforzo que está a realizar a Xunta por “enriquecer a experiencia do Camiño, tanto para os peregrinos como...
leer más 15/09/2015
O Grupo de Marionetas Trécola actuará na praza da Fontenova de Viveiro este sábado, 19 de setembro, ás 13 horas cun número titulado Nº8 Rúa dos Contos. Trátase dun espectáculo de guiñol tradicional para toda a familia.
A iniciativa enmárcase dentro do programa Cultura sobre Rodas levado a cabo pola Deputación de Lugo. Organiza: Viveiro CCH.
28/05/2015
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acollerá este domingo, día 31 de maio, ás sete da tarde unha actuación do Mago Rafa, que presentará o seu novo espectáculo titulado Historias dun ilusionista.
O Mago Rafa é un artista polifacético que no seu espectáculo mestura o humor, a maxia e as diferentes formas de comunicación.
Este acto está incluído no programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros e da Oficina Municipal de Información Xuvenil.