Este mércores, 25 de novembro, remata en Viveiro o ciclo de Cine de Humor organizado por Pensamento e Sementeira.

Este mércores, 25 de novembro, remata en Viveiro o ciclo de Cine de Humor organizado por Pensamento e Sementeira.
 
Este mércores, 25 de novembro, remata o ciclo de Cine de Humor organizado polo colectivo viveirés Pensamento e Sementeira. O filme que pecha este ciclo é "Tempos Modernos" de C. Chaplin. 
 
Os organizadores lembran que, "cando esta película foi proxectada por vez primeira, en 1936, o mundo xa convivía co cinema sonoro desde había 10 anos. Durante todo ese tempo, o “vagabundo”, personaxe que coñecemos como Charlot, criado por Charlie Chaplin , ficou sen aparecer nos cines. No intervalo do seu último filme, Luzes da Cidade, e o lanzamento de Tempos Modernos, Chaplin amadureceu a ideia de que o “vagabundo” non iría transitar no mundo do cinema sonoro. Decidiu, entón, que Tempos Modernos seria o último filme desta personaxe". 
 
A proxección dará comezo ás 20 horas no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro. A entrada é libre até completar o aforo da sala.