O 23 de agosto a partir das 22:30 horas pequenos e maiores poderemos disfrutar dunha nova sesión de Cine ao aire libre na Praza da Mariña coa proxección de Pixels(2015), un filme en 3D que conta como uns extraterrestres malinterpretan as imaxes das máquinas recreativas como unha declaración de guerra e deciden atacar a terra empregando devanditos xogos como modelos para o asalto. O presidente dos EEUU, Will Cooper (Kevin James), recorre entón ao seu gran amigo da infancia e campión das maquiniñas dos anos 80, Sam Brenner (Adam Sandler), quen actualmente traballa como instalador de sistemas de home cinema, para encabezar un equipo de expertos xogadores da súa época (Peter Dinklage e Josh Gad) cuia misión será derrotar aos extraterrestres e salvar ao planeta. Michelle Monaghan interpreta á experta en armas do equipo.
A entrada é gratuíta. En caso de inclemencias meteorolóxicas esta proxección será posposta.