Este domingo, 22 de maio, Pensamento e Sementeira de Viveiro organiza nova camiñada desde Guistalán ao Castelo de San Martiño.

Este domingo, 22 de maio, Pensamento e Sementeira de Viveiro organiza nova camiñada desde Guistalán ao Castelo de San Martiño.
 
O colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro organiza para este domingo, 22 de maio, unha nova camiñada de Guistilán ao Castelo de San Martiño. A saída será desde Guistilán (no polígono industrial) ás 10 da mañá. 
 
Os interesados poden anotarse no número de teléfono 616 094 552 ou no enderezo electrónico pensamentosementeira@gmail.com, e máis información en pensamentosementeira.blogspot.com.
 
A anterior saída organizada por este colectivo foi dende Valcarría ao Pozo da Ferida e os participantes constataron a falta de sinalización deste percorrido e o abandono no que está un dos camiños de acceso a esta fermosa paraxe. Por isto o colectivo solicitará ao Concello de Viveiro que sinalice adecuadamente este percorrido e mellore un dos camiños que acceden a este punto.