En Burela a Romaría do Monte Castelo celebrarase do 28 ao 31 de xullo. O grupo De Vacas actuará o venres pola noite.

En Burela a Romaría do Monte Castelo celebrarase do 28 ao 31 de xullo. O grupo De Vacas actuará o venres pola noite.
 
Xa foi presentado o programa da Romaría do Monte Castelo, que se celebrará do 28 ao 31 de xullo. A festa arrincará o xoves coa misa na capela do Monte Castelo ás sete da tarde, pola noite haberá chicharrada e o chupinazo de inicio da festa. 
 
O venres pola noite actuará De Vacas a partir das doce. Ese día celébrase tamén a festa da nécora. O sábado haberá de concurso de casetas con premios para as tres primeiras. Durante os catro días haberá moitas actividades, que rematarán o domingo coa misa e procesión na honra da nosa Señora das Marabillas, seguida de sesión vermú.
 
Na presentación participaron varios membros da asociación R.C.M. Amigos do Monte Castelo, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o alcalde, Alfredo Llano.