Down Lugo Teatro representará o 1 de outubro "Conto de Nadal" no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro.

Down Lugo Teatro representará o 1 de outubro "Conto de Nadal" no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro.
 
O sábado, 1 de outubro, ás 20:30 horas, o grupo Down Lugo Teatro porá en escena a obra Conto de Nadal no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
 
Este grupo formouse en decembro do 2004 a partir dun obradoiro de achegamento ao teatro que inicialmente contou con sete participantes. No 2007 o grupo ampliou o seu número de membros e na actualidade está integrado por 19 actores e actrices afeccionados, todos eles con capacidades diferentes, de idades comprendidas entre os 18 e os 48 anos.
 
Ao longo da súa traxectoria o grupo de teatro Down de Lugo representou obras como Eu respecto as normas, e ti?, A viaxe da vida, Down up, Sono dun día, O circo dos doce puntos, Amor, Montaxe de terror, Gritos, O clube da comedia viaria, O bar da esquina, Televisión, Dimes e diretes e Conto de Nadal.
 
Conto de Nadal é unha obra para todos os públicos e conta como é Nadal e na rúa hai un coro, unha mendiga, unha nai co seu carriño de bebé, unha gran familia e unhas mulleres de compras, qué pasará?. O vello Scrooge afronta o Nadal de novo con moito rencor e cheo de resentemento pero un vello amigo faralle unha visita, el e alguén máis.
 
A obra de Charles Dickens está versionada e adaptada por Paloma Lugilde quen a súa vez é a directora. A duración é de sesenta minutos.