Ir de tapeo entre o 17 e o 20 de decembro en Covas (Viveiro, Lugo) tamén será un acto solidario, xa que nas Xornadas Gastronómicas do Cuchareo, que organiza a Asociacion de hostaleiros 'Beiras de Viveiro', a cuarta parte da recaudación será doada a Cáritas. Os 21 hostaleiros que forman esta asociación ofrecen tapas de cuchara ao prezo de 2 euros, das que 0,50€ serán cedidos con fins solidarios a esta entidade benéfica.
CARPA E PREMIOS DURANTE O NADAL
Desde este xoves 17 de decembro os hostaleiros tamén dispoñerán dunha carpa cuberta en Covas, na que se celebrarán actuacións musicais e outras actividades, na que tamén haberá una barra para axudar a recaudar fondos para o colectivo e un espazo para recadar alimentos para entidades benéficas. Ademais os días 22, 23 e 24 de decembro na mesma carpa Papá Noel recibirá de seis a oito da tarde a tódolos nenos que queiran para entregarlle as súas cartas.
E dentro das actividades de Nadal da Asociación Beiras de Viveiro tamén comeza unha campaña de “Rasca&Gaña”, coa que os clientes dos 21 locais poden conseguir centos de premios directos coas súas consumicións de máis de 5 euros: 2.000 cañas, 400 raciones, 400 copas e 4 noites nos apartamentos do Val do Naseiro.
SORTEO DE 2016 EUROS
E por enriba de todas estas iniciativas, dentro da campaña de Nadal que dura do 17 de decembro ata o 9 de xaneiro, destaca o sorteo de 2016 euros (como o ano no que entramos), divididos en tres premios de 1016€, 600€ e 400€, no que participarán tódolos clientes dos 21 locais hostaleiros que forman a asociación. Os gañadores coñeceranse durante o peche da campaña, o sábado 9 de xaneiro, no sorteo que se realizará na carpa de Beiras de Viveiro.