Deportes
04/12/2014
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá prepara xa a que será a súa derradeira andaina deste ano 2014. Desta volta, como non podía ser doutro xeito, toca pisar terras de A Fonsagrada, para disfrutar da ruta Fornaza-Praia Fluvial da Pena do Inferno, que ten unha distancia duns 10 km e a dificultade é media. Ao rematar a ruta xantarase un Súper Cocido nun coñecido restaurante da zona. Sairase ás 08:15 horas do Cantón de Lourenzá. E moi importante levar botas e bastón. O prazo de inscrición remata o xoves 11 de Decembro ás 14:00, nos teléfonos 982 121006 (Pepe), 658 097133 (Miguel) ou a través do correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com. O prezo será de 25€ para os socios e de 30€ para os...
leer más 02/12/2014
A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela abre hoxe a preinscrición para que os veciños e veciñas que o desexen poidan anotarse nos novos cursos de escola de columna e ximnasia preventiva, ofertados polo Concello. O prazo para inscribirse continuará aberto ata o 16 de decembro. Posteriormente, dende o día 22 e ata o 5 de xaneiro, @s alumn@s poderán formalizar a súa matrícula. Os anotados deben estar empadroados no concello de Burela e non presentar ningún tipo de contraindicación médica. Ademais, no caso da escola de columna os participantes deberán ter máis de 18 anos, e no de ximnasia preventiva, máis de 60.
As persoas interesadas poden anotarse xa fisicamente na aula de familia da Casa da Cultura para o curso de escola de...
leer más