Burela promociónase en Xantar a través do bonito. Na feira, que se celebra en Ourense, haberá unha degustación deste peixe este xoves.

Burela promociónase en Xantar a través do bonito. Na feira, que se celebra en Ourense, haberá unha degustación deste peixe este xoves.
 
O Concello de Burela estará presente na XVI edición de Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebra en Expourense desde mañá, 4 de marzo, ata o domingo día nove.
Segundo afirmou o rexedor, José María González Barcia, Burela contará con stand propio, no que se proxectarán imaxes da localidade e se distribuirá material informativo. O alcalde indicou que concello burelés usará o bonito e a actividade mariñeira como elemento fundamental da súa promoción, e tamén como reclamo. Para iso, o xoves á unha e cuarto do mediodía terá lugar unha degustación de bonito, cedido por ABSA, coa finalidade de dar a coñecer o príncipe azul nun ámbito xeográfico no que o concello vén estando presente a través de Xantar desde hai anos.
González Barcia manifestou que “a presenza do concello en Xantar nestes últimos anos foi positiva, polo que temos que seguir nesta liña de actuación e de presenza activa para dármonos a coñecer cada vez con máis intensidade”.
O alcalde lembrou que “na edición do pasado ano, o cartel anunciador da Festa do Bonito foi o cartel gañador do concurso que a organización convoca todos os anos, o que dá unha idea da importancia que se lle dá ao príncipe azul, ao bonito, neste certame gastronómico que, non esquecerse, abrangue todo o sur de Galicia e o norte de Portugal, zonas nas que Burela pode e debe estar paulatinamente presente”.